Novas
A Xunta impulsa en Tui a segunda edición do foro 'Resonancias' dentro do festival 'Música no claustro'
A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, participa hoxe no II Foro Profesional de Instrumentos Musicais Resonancias 22, xunto con músicos, luthieres, investigadores, conservadores e expertos nos instrumentos musicais. Abórdanse temas como a formación e a profesionalización do oficio ou a presenza das mulleres nos obradoiros de luthiería artesanal. A Vicepresidencia primeira e consellería de Economía, Industria e Innovación colabora por sétima edición consecutiva co festival Música no claustro, unha cita xa consolidada que cada ano reúne música, artesanía e patrimonio histórico.
A Xunta destaca o valor de Buño como centro oleiro de tradición e o papel da artesanía como parte do atractivo turístico de Galicia
O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, e a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participaron na inauguración da 38 Mostra da Olería de Buño, unha das feiras monográficas con maior traxectoria en Galicia.
A Xunta destaca o valor da mostra Alfaroleiros como escaparate da gran tradición oleira da península
O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, participou na inauguración da XXVIII edición da feira, que se celebra ata o domingo 7 de agosto en Oleiros. No evento participan 22 profesionais da olería e da cerámica de diferentes zonas de España e Portugal, entre os que se atopan 5 obradoiros da marca Artesanía de Galicia.
A Xunta lanza a campaña ‘A artesanía di moito de ti’ para incrementar o número de tendas que comercializan os produtos dos mellores artesáns galegos
O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, visitou hoxe o Mercado Galego da Creatividade, en Santiago de Compostela. O Mercado Galego da Creatividade, promovido pola cooperativa Creativas Galegas, vende os produtos de 17 obradoiros galegos ao ser un dos 26 establecementos adheridos á marca Artesanía de Galicia.
Artesanía de Galicia volve encher O Courel cos oficios artesanais desde mañá mércores ata o domingo
A Xunta impulsa a segunda edición do evento Artesanía de Galicia no Courel, coa colaboración do Concello de Folgoso e da Fundación Uxío Novoneyra. No programa de actividades inclúense 11 obradoiros de iniciación a diferentes oficios como a ourivería, o torno cerámico, a estampaxe téxtil, a marquetería, o tecido, a ilustración, o bordado e a cestería.