Novas

Os Pendellos de Agolada prepáranse para a novena edición do ‘Corazón da Artesanía’ esta fin de semana

04/07/2022

Entre o 8 e o 10 de xullo, 42 obradoiros de Artesanía de Galicia de diferentes oficios e unha trintena de expositores de produtos de alimentación participarán nun evento no que se pon en valor a artesanía tradicional galega e a súa interrelación con outras disciplinas como a gastronomía. O Premio Nacional de Artesanía, José Luis Bazán, e as recentemente galardoadas Idoia Cuesta e Jose Castro impartirán diferentes cursos de formación durante toda a fin de semana. A Xunta organiza o Corazón da Artesanía. IX Encontro da Artesanía Tradicional e Popular de Galicia, que se celebra desde o venres 8 ata o domingo 10 de xullo no recinto histórico dos Pendellos de Agolada (Pontevedra). O Encontro, impulsado a través da Fundación Artesanía de Galicia, consolídase en cada edición como un evento de referencia na divulgación e na posta en valor dos oficios artesanais galegos, especialmente naqueles máis tradicionais.

Artesanía de Galicia participa na segunda edición do evento “un mercado en cada porto” que mañá comeza en Poio

02/07/2022

A Xunta colabora na organización de varios mercados de artesanía que se celebrarán nos meses de xullo e agosto en diferentes localidades costeiras de Galicia, dedicado ás mulleres artesás galegas. A primeira das feiras celébrase mañá domingo na praia de Lourido (Poio), en horario de 11:00 a 20:00 horas.

A Xunta promove en Sanxenxo a relación da moda e da artesanía de Galicia nun pop up conxunto coa empresa téxtil D-due

01/07/2022

Na Sanxenxo Summer Shop Artesanía de Galicia & D-due pódense mercar pezas dunha trintena de obradoiros artesáns desde hoxe e ata o 31 de agosto. Por segundo ano consecutivo, esta iniciativa ofrecerá unha mostra do talento galego e da alta calidade da moda, do feito a man e da artesanía galega.

O Encontro "Corazón da Artesanía" de Agolada volverá reunir as pezas de Artesanía de Galicia coa cociña de vangarda

28/06/2022

O IX Encontro da Artesanía Tradicional e Popular, que se celebra nos Pendellos de Agolada do 8 ao 10 de xullo, inclúe ‘showcookings’ de recoñecidos chefs galegos como Lucía Freitas, Héctor López, Javier Rodríguez Ponte “Taky” e Álvaro Fuentes. No marco do proxecto Artesanía no Prato, empregarán pezas de Artesanía de Galicia como soporte das súas elaboracións. O evento contará coa participación de 57 artesáns de 27 oficios diferentes e 31 expositores de produtos de alimentación, así como con talleres abertos de iniciación aos oficios artesanais, cursos especializados e actuacións musicais. A oferta gastronómica complétase con 31 expositores de produtos gourmet e tres food-trucks.

Artesanía de Galicia participa na Galicia Design Week cunha proposta que une gastronomía e produto feito á man

25/06/2022

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, participou esta tarde na Coruña na performance protagonizada pola chef Lucía Freitas, pola ceramista Laura Delgado e pola cesteira Idoia Cuesta, impulsada pola Xunta de Galicia no marco do proxecto Artesanía no Prato.