Novas

A Xunta destaca a aposta da empresa téxtil D-due pola calidade para gañar presenza a nivel internacional

16/08/2022

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, visitou en Sanxenxo o pop up no que as prendas da firma de Rianxo comparten espazo con pezas de máis dunha trintena de obradoiros de Artesanía de Galicia

A Xunta impulsa a divulgación da olería tradicional no VIII Encontro de Cacharreiros de Niñodaguia

12/08/2022

A xerente de Artesanía de Galicia participou na inauguración da oitava edición deste evento que se celebra no Museo de Olería de Niñodaguia ata o domingo.

A Xunta apoia o XXII Encontro de torneiros que se celebrará en Xermade no mes de setembro

10/08/2022

A Vicepresidencia primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, a través de Artesanía de Galicia, colabora cada ano neste evento monográfico de divulgación do oficio tradicional do torneado da madeira, que é xa un referente do sector en Europa. No programa incluiranse demostracións de profesionais de recoñecido prestixio que achegan innovacións no oficio como é o caso dos franceses Patrick Arlot e Georges Baudot, do británico Paul Hannaby, e do torneiro galego Lolo Castro, gañador do Premio Traxectoria nos Premios Artesanía de Galicia 2018.

Conde ve en ‘Ofeitoaman’ unha oportunidade para impulsar desde Sanxenxo a comercialización da marca artesanía de Galicia

06/08/2022

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, fixo hoxe un percorrido por esta feira de artesanía que se celebra por primeira vez en Portonovo. A feira está organizada pola Asociación Galega de Artesáns co apoio da Xunta e do Concello de Sanxenxo, onde recala por primeira vez para converterse nun dos grandes atractivos turísticos deste municipio na tempada estival.

A Xunta impulsa no Courel a divulgación dos oficios artesanais e a marca Artesanía de Galicia

05/08/2022

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, e o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitaron hoxe o evento Artesanía de Galicia no Courel, que se celebra en Folgoso ata o domingo 7 de agosto. A Vicepresidencia primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación organiza por segundo ano consecutivo este evento centrado na formación, divulgación e posta en valor dos oficios artesanais a través de diferentes obradoiros tanto para artesáns como para todos os públicos.