Novas
A Xunta destaca en Mondoñedo o papel da artesanía na dinamización económica do rural galego
A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, visitou hoxe os obradoiros do barrio dos Muíños, onde sinalou que os oficios tradicionais forman parte da oferta turística de calidade de comarcas como A Mariña
Lembra que para facilitar a adaptación do sector artesán aos novos hábitos de consumo e ao actual contexto xerado pola covid-19, vense de poñer en marcha un novo programa de axudas para impulsar a comercialización dixital
A Xunta activa novas axudas por 330.000 euros para impulsar a comercialización dixital do sector artesán galego
A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, presentou hoxe en Santiago de Compostela os apoios para eventos comerciais en liña, que buscan facilitar a adaptación aos novos hábitos de consumo e ao actual contexto.
A través do programa que hoxe se publica no Diario Oficial de Galicia (DOG), tamén se impulsa a realización ou participación en feiras de artesanía celebradas de xeito presencial.
A Xunta destaca o papel da XXVI Mostra de Alfaroleiros na difusión do valor do oficiotradicional da olería
A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, participou hoxe en Oleiros na inauguración deste encontro que acolle ceramistas e oleiros de Galicia, do resto de España e Portugal
As actividades, ademais de demostracións de olería, inclúen obradoiros de artesanía para nenos, actuacións musicais, xogos para os máis cativos e proxección de películas
O evento é un punto de encontro para os profesionais deste oficio e actúa como dinamizador económico e cultural da comarca e do sector artesanal
A artesanía de Galicia inclúese na oferta creativa do festival Música no Claustro cun taller de bordado de fotografías de Tui
O taller, organizado pola Fundación Pública Artesanía de Galicia na Catedral de Tui, une creación e patrimonio cunha proposta contemporánea do bordado
O curso está impartido por Minia Banet, a última gañadora da Bolsa Eloy Gesto dos Premios Artesanía de Galicia
A iniciativa enmárcase na estratexia da Fundación para impulsar o sector artesán, apostando pola formación e pola innovación e o deseño
Xunta destaca en Mostrart o apoio ao sector artesán e a importancia da formación e o uso das novas tecnoloxías
A directora xeral de Comercio, Sol Vázquez Abeal, xunto coa xerente da Fundación Pública Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, asistiron hoxe na Coruña á inauguración deste encontro, no que participan un total de 29 artesáns