Novas

A Xunta impulsa en Oroso a comercialización da Artesanía de Galicia durante a XVIII Festa da Troita

09/05/2026

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, visitou esta mañá a Feira Galega de Artesáns que se celebra ata mañá domingo e na que participan 13 obradoiros inscritos en Artesanía de Galicia. Este evento forma parte dun calendario de feiras de venda directa impulsadas pola Asociación Galega de Artesáns (AGA) co apoio da Xunta que se celebran en diferentes localidades galegas ata o mes de setembro.

A Xunta pon en valor os oficios artesanais ante escolares da Pontenova

07/05/2026

Os artesáns Elena Ferro e Xosé Manuel Sanín achegáronse ata o CEIP da Pontenova para falar da elaboración de zocos e da construción de instrumentos de percusión tradicionais respectivamente, no marco do programa autonómico Artesanía na Escola.

A Xunta pon en valor os 16 expositores de Artesanía de Galicia presentes na feira que exalta o sector en Ribadavia coincidindo coa 63ª Feira do Viño do Ribeiro

02/05/2026

José González enmarca a feira na colaboración da Fundación Artesanía de Galicia coa Asociación Galega de Artesáns (AGA), que suporá a celebración ata setembro dunha ducia destas feiras, como as de Oroso e A Estrada que tamén terán lugar en maio. Mentres na Praza Maior hai postos de marroquinería, xoiaría ou oficios do téxtil, a Xunta organiza na Praza de San Xoán obradoiros gratuítos, así como cursos na Casa da Artesanía de Galicia e unha tenda efémera no número 1 da rúa Banda A Lira. O evento efémero encádrase no proxecto Vilas Vivas que arrancou en Ribadavia como piloto para recuperar o comercio do casco histórico e logo estenderse por Galicia, botando man —como esta fin de semana— do vínculo clave entre viño e comercio.  

A Xunta enxalza iniciativas como Deseña unha xoia para a túa nai para impulsar os oficios tradicionais entre o público infantil

01/05/2026

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración participou hoxe en Santiago no acto de entrega de premios do XVI certame infantil Deseña unha xoia para a túa nai. José González refírese a outras accións como Artesanía na Escola, coas que o Goberno galego busca promover a remuda xeracional e garantir o futuro dos oficios tradicionais dentro do compromiso coa artesanía galega.

A Xunta destaca en Chantada o valor da cestería de vimbio en ámbitos coma o interiorismo

29/04/2026

A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, visitou esta mañá o segundo módulo do curso de perfeccionamento Laboratorio das fibras vexetais, impartido por Pau Trepat e Idoia Cuesta. Impulsado pola Fundación Artesanía de Galicia, enmárcase no programa formativo Aprender da tradición. Oficios e técnicas, destinado á transmisión de coñecementos para profesionalizar o sector e garantir a remuda xeracional.