Novas

A Xunta apoia unha nova edición da Feira da Artesanía do Ferro de Riotorto, que se celebra este domingo

13/04/2026

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, participou hoxe na presentación do evento, que contará con demostracións en vivo de oficios tradicionais e postos de venda.

Belén do Campo pon en valor a Artesanía Galega na xornada “Oficios en Acción” organizada pola Asociación Galega de Artesáns (AGA)

11/04/2026

A delegada da Xunta destacou que a artesanía é un sector estratéxico que combina tradición e innovación, xerando emprego e contribuíndo á dinamización económica e cultural.

A Xunta pecha a celebración dos Días Europeos da Artesanía con actividades en Vigo e Oia

11/04/2026

A xerente da Fundación Artesanía de Galicia visitou hoxe en Oia a iniciativa ‘Artesanía na Praza’ con talleres participativos de cerámica, coiro, madeira, xoiería e tecido. Posteriormente, Elena Fabeiro achegouse ata Vigo co gallo do ‘3º Encontro Profesional Galego de Construción de Instrumentos Musicais’ impulsado pola Asociación Labra co apoio do Goberno autonómico. A maiores, durante toda a xornada de hoxe estanse a desenvolver obradoiros de cerámica, pintura sobre tecido e estampaxe vexetal sobre tea no Museo do Mar de Galicia para celebrar os Días Europeos da Artesanía.

A Xunta celebra os Días Europeos da Artesanía con actividades na provincia de Ourense e co evento Artesanía de Galicia en Merza

11/04/2026

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, visitou hoxe os obradoiros impulsados pola Asociación de Artesáns de Ourense no seu local e no taller de Olería do Batán en Baños de Molgas, e logo estivo na VI Fornada Tradicional de Niñodaguia. Pola súa banda, a xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, asistiu ao obradoiro de coiro que está a impartir Antonina Kadyrova na Casa Artesanía de Galicia en Ribadavia, con motivo dos Días Europeos da Artesanía. Ademais, hoxe celébrase unha nova edición do evento Artesanía de Galicia en Merza na que participarán oito obradoiros especializados en xoguetes, xoiería, moda, instrumentos musicais, coitelos, encadernación e cerámica.

A Xunta visita Lugo, Santiago e Ribadavia para seguir destacando o valor dos oficios con motivo dos Días Europeos da Artesanía

10/04/2026

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, e a xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, visitaron a iniciativa ‘Oficios á luz do claustro’ impulsada pola Asociación Lucense de Artesáns co apoio da Xunta. Mentres, hoxe comezan en Santiago de Compostela as xornadas de portas abertas en catro obradoiros artesanais da rúa San Pedro e un taller de ourivería compostelá impartido por Susi Gesto no Museo do Pobo Galego. Na Casa Artesanía de Galicia, en Ribadavia, inícianse hoxe tamén as actividades de celebración dos Días Europeos da Artesanía cun obradoiro de sanandresiños impartido por Jorge Bellón.