Novas
A Xunta debate en Toledo sobre as políticas públicas de impulso e promoción do sector artesanal
A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, participou esta tarde nunha nova reunión do Observatorio Nacional de Artesanía, coincidindo coa celebración dos Días Europeos da Artesanía. Impulsado por Fundesarte, o foro conta coa participación de representantes das administracións públicas autonómicas e de entidades de promoción da artesanía.
A Xunta patrocina 32 actividades gratuítas en Lugo, Ribadeo e Mondoñedo con motivo dos Días Europeos da Artesanía
O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, subliñou o impulso do Goberno galego aos oficios artesanais como motor de emprendemento e de dinamización rural.
A Xunta arranca en Ferrol o apoio a 12 feiras para difundir o traballo de obradoiros inscritos en Artesanía de Galicia
Hoxe remata en Ferrol a primeira Feira Galega de Artesáns, unha serie de encontros organizados a través da Asociación Galega de Artesáns (AGA) coa colaboración da Fundación Artesanía de Galicia. Participan 16 obradoiros de Artesanía de Galicia especializados na xoiería, na madeira, no coiro, na bixutería, na cerámica, na sombreirería, na cestería e no téxtil. Ata setembro terán lugar eventos tamén en localidades como Padrón, San Sadurniño, Ribadavia ou Ponteareas.
A Xunta aposta pola artesanía galega na Feira Galega de Artesanía en Ferrol
A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, asistiu esta mañá, xunto á concelleira de Turismo, María Carmen García, á inauguración da Feira Galega de Artesanía na praza da Constitución, na que participan 16 postos.
A Xunta de Galicia destaca a Mostra de Camariñas como referente na confluencia de tradición e futuro do encaixe
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, o director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, e a xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, asistiron hoxe á inauguración da 35ª edición deste evento de carácter internacional. Declarada Festa de Interese Turístico de Galicia, celébrase en Camariñas ata este próximo domingo 5 de abril tras terse iniciado co cambio de denominación da avenida Ambrosio Feijóo por avenida das Palilleiras. Na programación inclúense desfiles protagonizados polos obradoiros artesanais Andión Clothing e Ondas do Mar, que participarán como Grandes Deseñadores. Tamén estarán Logaro, Zeltia ao Aire, Estilo Aramar, Mariví Santos, Ana Trasariz, Alfarería Rulo e Feituras Buño, que desfilarán na sección ArtEncaixe.