Novas
A Xunta amosa en Ribeira os oficios tradicionais da elaboración de zocos e de pandeiretas a través do seu proxecto Artesanía na Escola
Os artesáns Elena Ferro e Xosé Manuel Sanín achegáronse ata o CEIP Heroínas de Sálvora, de Aguiño (Ribeira), para facer demostracións ante o alumnado. Artesanía na Escola é un programa impulsado pola Fundación Artesanía de Galicia que busca presentar aos máis pequenos os oficios artesanais como unha profesión de futuro e co que se contribúe a concienciar sobre o valor do produto artesanal.
A Xunta salienta en Ourense a importancia da remuda xeracional no sector artesán para garantir o futuro dos oficios tradicionais
O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración participou na inauguración da XXIX Feira de Artesanía de Ourense, que se celebra ata o 3 de maio. José González destaca o apoio autonómico a esta cita referente que este ano conta coa participación dunha ducia de obradoiros inscritos en Artesanía de Galicia, especializados en coiro, xoiería, bixutería, complementos ou creación con papel. Louva a traxectoria da Asociación de Artesáns de Ourense e pon de manifesto a importancia da implicación das novas xeracións nesta edición, a través do concurso de ilustración do cartel da feira, con traballos de alumnado de primaria.
A Xunta pon en valor a Feira Galega de Artesáns que acollerá Ribadavia do 1 ao 3 de maio coincidindo coa 63ª edición da Feira do Viño do Ribeiro
O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración visitou esta tarde en Ribadavia a Casa da Artesanía de Galicia, posta en marcha no marco do proxecto Vilas Vivas. José González enmarca a feira na colaboración da Fundación Artesanía de Galicia coa Asociación Galega de Artesáns (AGA), que suporá a celebración deica setembro dunha ducia destas feiras, das que xa tiveron lugar as de Ferrol e Padrón. Destaca a confluencia de mostra artesanal e vitivinícola dando pulo a dous eidos estratéxicos de Ribadavia e da súa comarca, na liña do proxecto Vilas Vivas que busca recuperar o comercio do casco histórico como piloto que logo se estenderá por Galicia.
A Xunta destaca Riotorto como epicentro da artesanía do ferro
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, asistiu á 17ª edición da Feira do Ferro de Riotorto, un evento monográfico de posta en valor dos oficios vinculados ao ferro. Na programación da xornada inclúense demostracións en vivo de ferreiros, de olería de Buño, de vidro, de cestería e de madeira, obradoiros para nenos e nenas, actuacións musicais e espectáculos.
A Xunta leva o proxecto Artesanía na Escola a centros de Samos e Baralla
Os artesáns Elena Ferro e Xosé Manuel Sanín achegáronse esta mañá ata o CEIP de Samos e o CPI Luís Díaz Moreno, de Baralla, para facer demostracións da elaboración de zocos e da construción de pandeiretas. Artesanía na Escola é un programa impulsado pola Fundación Artesanía de Galicia que busca presentar aos máis pequenos os oficios artesanais como unha profesión de futuro e co que se contribúe a concienciar sobre o valor do produto artesanal.