Novas
A Xunta impulsa na estrada a comercialización da Artesanía de Galicia durante a ‘LII Festa do Salmón’
A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, visitou a Feira Galega de Artesáns da Estrada, impulsada pola Asociación Galega de Artesáns (AGA) no marco da colaboración co Goberno autonómico para celebrar 12 encontros ata setembro.
Participan un total de 13 obradoiros inscritos en Artesanía de Galicia, especializados na marroquinería, na bixutería, en instrumentos musicais, no téxtil e en bonequería.
A Xunta impulsa en Mazaricos a divulgación do oficio dos zoqueiros dentro do proxecto Artesanía na Escola
A artesá Elena Ferro amosoulle esta mañá aos nenos e nenas do CEIP Víctor Sáenz de San Cosme de Antes o oficio da elaboración de zocos, como complemento á unidade didáctica 'Eu son zoqueira'. Artesanía na Escola é un programa de divulgación impulsado pola Fundación Artesanía de Galicia desde 2023 co que se busca presentarlle aos máis pequenos os oficios artesanais como unha profesión de futuro.
A Xunta presenta na Arnoia unha nova unidade didáctica do Proxecto Artesanía na Escola centrada nos Sanandresiños
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, e a xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, achegouse esta mañá ata o CEIP San Salvador da Arnoia para presentar o terceiro dos libros que forman parte deste proxecto. No evento participou tamén Jorge Bellón, protagonista da unidade didáctica ‘Eu son artesán de figuras de pan’, que realizou unha demostración da elaboración destes amuletos típicos de Santo André de Teixido (Cedeira). Artesanía na Escola é un programa da Fundación Artesanía de Galicia co que se busca divulgar entre os escolares de Primaria os oficios tradicionais como profesión de futuro e concienciar do valor do produto artesanal e da marca Artesanía de Galicia.
A Xunta amosa na Pobra de Trives o oficio da construción de instrumentos de percusión tradicional co seu proxecto 'Artesanía na Escola'
O artesán Xosé Manuel Sanín, protagonista da segunda das unidades didácticas de Artesanía na Escola, achegouse ata o CEIP Plurilingüe Manuel Bermúdez Couso de Trives. Artesanía na Escola é unha iniciativa de divulgación dos oficios artesanais entre os escolares de Primaria de toda Galicia, impulsada pola Xunta desde o ano 2023.
A Xunta impulsa a comercialización de Artesanía de Galicia en Merza en colaboración co Taller Eferro
A Fundación Artesanía de Galicia organiza unha nova edición do evento ‘Artesanía de Galicia en Merza’ no que participarán sete obradoiros artesanais especializados nos ámbitos da cerámica, da bixutería, da cestería, do papel e do pirogravado. O programa de actividades complétase cun obradoiro de papel artesanal e creación dun caderno de peto impartidos por A Casa Rodante, e a actuación musical de Sheila Patricia en sesión vemú. ‘Artesanía de Galicia en Merza’ é un programa de feiras de carácter mensual impulsadas pola Xunta en colaboración co obradoiro Eferro para impulsar a comercialización do produto artesán e consolidar a marca Artesanía de Galicia.