Novas

A Xunta presenta en Asturias a súa estratexia de apoio á artesanía de Galicia con motivo do 8 de marzo

08/03/2026

A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, participou hoxe na xornada Raíz e oficio. Mulleres artesás no rural que se celebra en Mieres (Asturias), na que falou do proxecto Enredadas como exemplo de boas prácticas replicable noutros colectivos de artesás.

A Xunta premia a incorporación da artesanía á moda na Gala Despunte da Escola Mestre Mateo

05/03/2026

A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, entrega esta tarde o Premio Fusión Artesanía e Moda patrocinado pola Xunta no marco da XVI Gala Despunte. O evento está organizado por esta Escola de Arte e Superior de Deseño compostelá, dependente da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP.

A Xunta amósalles aos escolares de Ortigueira e Fene os oficios tradicionais da elaboración de zocos e da construción de pandeiretas

03/03/2026

A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, acompañou os artesáns Xosé Manuel Sanín e Elena Ferro durante as demostracións que realizaron esta mañá no marco do proxecto autonómico ‘Artesanía na escola’. Primeiro estiveron no CEIP José María Lage de Ortigueira e despois no CEIP Plurilingüe Os Casais, en Maniños (Fene). Impulsada en 2023, a iniciativa ‘Artesanía na escola’ busca presentarlles aos máis pequenos os oficios artesanais como unha profesión de futuro e concienciar sobre o valor do produto artesanal e da marca Artesanía de Galicia.

A Xunta impulsa en Ponteareas o oficio da ourivería a través dun obradoiro colaborativo inspirado nas alfombras florais

28/02/2026

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, e a xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, visitaron esta mañá o curso que imparte ata o domingo a ourive compostelá Susi Gesto.

A Xunta pon en marcha o curso de perfeccionamento en cestería ‘Fibranzas’ no marco do programa ‘Aprender da tradición. Oficios e técnicas’

25/02/2026

A Fundación Artesanía de Galicia abre o prazo de inscricións para esta nova edición, que se desenvolverá entre marzo de 2026 e marzo de 2027 en San Cristovo de Mouricios (Chantada). Centrado na profesionalización e na remuda xeracional do oficio, o itinerario formativo, estruturado en cinco módulos e 216 horas lectivas, contará coa participación de destacados profesionais da cestería. Trátase dun programa integral que aborda todo o proceso, desde a preparación das materias primas ata a creación do produto final, combinando técnicas tradicionais e creación contemporánea.