Novas

A Xunta impulsa a innovación e sostibilidade do comercio cunha nova convocatoria de case 4 M€ que axiliza trámites e busca chegar a máis negocios

08/01/2026

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, visitou en Ourense as tendas Turini Sport e Amodo, beneficiarias destas achegas das que o DOG publica hoxe a convocatoria de 2026 con tres liñas de apoio compatibles entre si. Entre as novidades desta iniciativa destacou a ampliación do período subvencionable, sendo desde o 25 de outubro de 2025, e a suba das intensidades de apoio do 80 ao 90 % para establecementos involucrados no proxecto Vilas Vivas. Sinalou que, dentro do compromiso da Xunta como Administración facilitadora, se exixirá menos documentación destas achegas, ao tempo que se simplificará e axilizará o procedemento de concesión e de pagamentos anticipados.

A Xunta continuará impulsando neste 2026 o seu proxecto ‘Artesanía no Prato’ que vén de ser distinguido nos Premios Nacionais de Artesanía

06/01/2026

A iniciativa impulsada pola Fundación Artesanía de Galicia desde o ano 2013 co obxectivo de facer converxer artesanía e gastronomía foi recoñecida na categoría Promociona Entidades Públicas. O ano que vén está previsto publicar unha nova edición do libro Artesanía no Prato e realizar diferentes accións vinculadas ao proxecto coa intención de aumentar o número de obradoiros de Artesanía de Galicia e de restaurantes implicados. Artesanía no Prato é un proxecto pioneiro que consegue incorporar as pezas da marca Artesanía de Galicia como soporte da gastronomía, mellorando a experiencia sensorial das persoas consumidoras e engadindo singularidade e exclusividade.

A Xunta destaca en Boiro o papel da Artesanía de Galicia como eixo de valor engadido nos ámbitos da decoración e do contract

02/01/2026

A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, visitou en Boiro a tenda de decoración Stimmug Stories, un espazo no que se poden atopar pezas de Artesanía de Galicia grazas á colaboración coa Xunta.

A Fundación Artesanía de Galicia e o torneiro tomiñés Aitor Martínez resultan gañadores nos Premios Nacionais de Artesanía 2025

17/12/2025

O torneiro Aitor Martínez acadou o Premio Produto pola súa colección Mundos e a Fundación Artesanía de Galicia obtivo o Premio Promociona Entidades Públicas polo seu proxecto pioneiro en España Artesanía no Prato. O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, e a xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, recolleron esta mañá en Madrid o galardón nunha cerimonia á que tamén asistiu o director da Casa de Galicia, Luis E. Ramos. A artesá Sandra Vilas, do obradoiro Boina Galega (Santiago de Compostela) resultou finalista na categoría de Emprendemento pola súa empresa Claudinas, feltros esculpidos e artesanais, especializado no traballo de pezas en feltro.

A Xunta destaca en Ribadavia o dinamismo comercial xerado polo proxecto Vilas Vivas que vén de arrancar coincidindo co evento ‘Artesanía, Saber e Sabor’

07/12/2025

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración visitou esta mañá varios dos novos locais acondicionados que veñen de abrir ao público esta ponte. José González comprobou hoxe o funcionamento dos primeiros locais xa abertos en Ribadavia coincidindo co evento ‘Artesanía, Saber e Sabor’ e destacou o interese que están a xerar entre o público e o tecido emprendedor. Tres destes locais xa están adxudicados a Pura Vila, Colmado de Sabores e A Tafona do Camiño, mentres que o resto acollen propostas e exhibicións artesanais ao abeiro do mercado e continuarán abertos ao público durante todo o Nadal. Subliñou que a acollida do proxecto, que contará con 15 locais abertos en 2026, confirma o potencial deste modelo pioneiro de revitalización comercial cuxo obxectivo é converter espazos en desuso en negocios abertos rendibles e xeradores de emprego. González valorou tamén as sinerxías entre Vilas Vivas, a programación de Nadal do concello e o tecido comercial local, que nesta edición conta por primeira vez cun espazo propio para os establecementos na Alameda. Precisamente na Alameda presentouse hoxe Ribeiro Secreto, iniciativa de posta en valor do xeodestino Ribeiro–Carballiño da que José González destacou as sinerxías con Vilas Vivas e o pulo aos produtos tractores de cada comarca.