Novas

A Xunta subliña a importancia da preservación da olería como referente dos oficios tradicionais e motor económico do territorio

01/04/2025

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración visitou os talleres Alfarería Alto do Couso e Alfarería Agustín de Niñodaguia no marco dos Días Europeos da Artesanía. José González destacou que ambos obradoiros, adheridos a Artesanía de Galicia, son exemplo de emprendemento vencellado á contorna e referentes de remuda xeracional, indicando que a atracción de talento novo é clave para garantir o futuro do sector. A este respecto, destacou que a artesanía ten un oco prioritario no novo Plan estratéxico do comercio 2025-2030, aprobado onte no Consello da Xunta, incluíndo medidas específicas enfocadas á recuperación dos oficios tradicionais. Así, entre as máis de 70 accións previstas na planificación, contémplanse actuacións como o impulso de bolsas de aprendices complementarias á iniciativa ‘Aprender da tradición’ ou actividades de divulgación como ‘Artesanía na escola’. As visitas celebradas hoxe coinciden coa celebración dos ‘Días Europeos da Artesanía 2025’, cun intenso programa de actividades coordinado pola Fundación Artesanía de Galicia, entre elas, a V Fornada Tradicional de Niñodaguia este sábado 5.

A Xunta impulsa máis de 70 actividades de divulgación para celebrar os Días Europeos da Artesanía 2025

28/03/2025

Na semana do  31 de marzo ao 6 de abril, a Fundación Artesanía de Galicia coordinará a programación coa que se conmemoran os Días Europeos da Artesanía. Esta festexo é unha iniciativa que se desenvolve cada ano en diferentes países de Europa co obxectivo de divulgar os oficios artesanais entre a sociedade e amosar a súa enorme riqueza e singularidade.

A Xunta pon en valor o talento de Julia de la Cal, Premio Artesanía de Galicia 2024, como exemplo de innovación e referente da cestería contemporánea

18/03/2025

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, visitou hoxe no Porriño o obradoiro artesán La Parabólica, un dos máis de 250 situados en Pontevedra. José González destaca a aposta da creadora por unha artesanía competitiva no mercado actual, que mantén moi presentes as súas raíces e fusiona o legado do feito á man cunha visión moderna e multidisciplinar. A súa obra ‘PERIFERIA#01’, pola que foi recoñecida na última edición dos galardóns Artesanía de Galicia, supón unha redefinición da cesta tradicional, experimentando co uso de elementos e materiais máis industriais coma o cemento. Julia de la Cal tamén foi beneficiaria en 2021 dunha das bolsas Eloi Gesto outorgadas pola Fundación Artesanía de Galicia, o que lle permitiu completar a súa formación en Francia e afondar na aplicación do seu oficio a ámbitos coma o paisaxismo. O Goberno galego mantén un firme compromiso con este sector fundamental, que terá un oco prioritario no Plan Estratéxico de Comercio 2025-2030 reforzando, entre outras medidas, a continuidade do programa pioneiro ‘Aprender da tradición’.

A Xunta impulsa en Madrid a comercialización de Artesanía de Galicia a través dunha tenda efémera da marca de moda D-Due

04/03/2025

Ata o día 7 de marzo D-Due presenta en Madrid a súa nova colección de moda ‘Mimosa Collection’ na que se poderán atopar pezas de oito obradoiros da marca Artesanía de Galicia, especializados na olería tradicional, na cerámica e na madeira.

A Xunta impulsa en Chantada un curso enfocado na transmisión do labor artesanal coas fibras vexetais

25/02/2025

O director xeral de Comercio e Consumo e a xerente da Fundación Artesanía de Galicia asistiron en San Cristovo de Mouricios ao inicio desta formación, na que colaboran Espacio Vilaseco, Os Casares e a cesteira Idoia Cuesta. O curso consiste en catro módulos nos que se aprenderá o proceso completo desde a obtención das fibras vexetais cesteables e as técnicas da cestería tradicional con diferentes materiais, ata o deseño de produto e a produción artística. Entre os docentes atópanse cesteiros galegos como Idoia Cuesta, Álvaro M. Leiro ou Enrique Táboas, os daneses Jette Mellgren e Jan Johansen, o catalán Pau Trepat, a artista Sonia Navarro ou o deseñador Miguel Leiro. Esta iniciativa enmárcase no proxecto pioneiro do Goberno galego Aprender da tradición. Oficios e técnicas, para contribuír á profesionalización do sector artesán e a atraer novos talentos que garantan a remuda xeracional.