Novas

A Xunta pon de relevo o potencial emprendedor da artesanía galega na 3ª edición do congreso Modiña

19/11/2025

O director xeral de Comercio e Consumo asistiu hoxe á primeira xornada —centrada na artesanía e nas novas tecnoloxías—desta cita apoiada polo Goberno galego polo seu propósito de dar un pulo ao emprendemento téxtil. Gabriel Alén puxo en valor os obradoiros artesáns Belategui Regueiro (Cambre), D-Raíz (A Coruña) e Eferro (Merza, Vila de Cruces), que participaron nunha mesa redonda sobre o impacto da artesanía na moda, tras outra que abordou o comercio electrónico.

A Xunta amosálle aos escolares de Boiro os oficios da elaboración de zocos e da construción de pandeiretas no marco do seu proxecto Artesanía na Escola

19/11/2025

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, achegouse hoxe ata o CEIP Santa Baia para presentar este programa de divulgación dos oficios artesanais impulsado polo Goberno galego. A zoqueira Elena Ferro e o artesán Xosé Manuel Sanín, que protagonizan as dúas primeiras unidades didácticas, realizan demostracións a primeira hora nese centro para desprazarse despois o CEIP Cespón.

A Xunta reparte máis de 244.000 euros entre preto de 90 entidades co obxectivo de impulsar a promoción e a comercialización da artesanía galega

10/11/2025

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución desta convocatoria de 2025, da que se beneficiaron un total de 82 obradoiros inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia, dúas asociacións profesionais de persoas artesás e catro concellos. A orde responde á importancia do sector artesanal en Galicia, que destaca polo seu dinamismo vertebrador do territorio, xerador de emprego e fixador de poboación especialmente no rural.

A Xunta segue a impulsar en Cervo a transmisión do traballo artesanal cun novo curso de perfeccionamento de técnicas de forxa

09/11/2025

A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, achegouse hoxe ata Cervo onde se está a impartir o curso ‘Perfeccionamento de técnicas de forxa’. O curso é impartido polo recoñecido artesán Telmo Cao e con el amplíase o curso de iniciación celebrado no pasado mes de xullo. Esta iniciativa enmárcase en ‘Aprender da tradición. Oficios e técnicas’ , un proxecto pioneiro impulsado pola Xunta para contribuír á profesionalización do sector artesán galego e a atraer novos talentos que garantan a remuda xeracional.

A Xunta amósalle a escolares de Santiago os oficios da elaboración de zocos e da construción de pandeiretas no marco do proxecto 'Artesanía na Escola'

27/10/2025

A xerente da Fundación Artesanía de Galicia visitou hoxe o CPR Compañía de María para asistir ás demostracións da zoqueira Elena Ferro e do artesán Xosé Manuel Sanín, que protagonizan as dúas primeiras unidades didácticas deste programa autonómico