Novas
A Xunta pon en valor a ‘XVII Tasca do Liño’ da insua en Vilalba como un evento de referencia na recuperación dos oficios artesanais tradicionais
A xerente da Fundación Artesanía de Galicia visitou hoxe a edición número 17 desta iniciativa impulsada pola Asociación de mulleres rurais San Bartolomeu de Insua, na que o Goberno autonómico colabora a través de dous obradoiros de estampaxe e tinguido
Tres candidaturas galegas optan como finalistas á XVIII edición dos Premios Nacionais de Artesanía 2025
O torneiro Aitor Martínez (Tomiño), opta ao Premio Produto pola súa colección Mundos e a artesá Sandra Vilas, do obradoiro Boina Galega (Santiago de Compostela) está nomeada na categoría de Emprendemento. A Fundación Artesanía de Galicia é de novo finalista polo seu proxecto Artesanía no Prato e competirá polo galardón na categoría Promociona Entidades Públicas, categoría na que xa resultou gañadora en tres ocasións.
Tres pezas de coiro, cerámica e téxtil competirán polo Premio Artesanía de Galicia 2025 dotado con 9.000€
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, presidiu a reunión do xurado destes galardóns na que se decidiu nomear os finalistas. Trátase das pezas presentadas polos obradoiros Jatafarta (Santiago de Compostela), Pal.lium (Cangas) e unha peza colaborativa entre o ceramista Alberto Lista (Buño, Malpica de Bergantiños) e o obradoiro Coiro Tres Pés (Pontevedra). Os gañadores das tres categorías (Premio Artesanía de Galicia, Premio Traxectoria e Bolsas Eloy Gesto) daranse a coñecer nun acto público que se celebrará en decembro. Os Premios Artesanía de Galicia buscan estimular a creatividade dos artesáns galegos, recoñecer a traxectoria profesional e incentivar a mellora continúa do sector con especial atención ás novas xeracións.
A Xunta presenta en Madrid a súa iniciativa para incorporar Artesanía de Galicia como soporte dos menús gastronómicos
A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, participou esta tarde nunha mesa redonda sobre o proxecto ‘Artesanía no Prato’ impulsado pola Xunta dende o ano 2013 co obxectivo de facer converxer Artesanía de Galicia e gastronomía para aumentar a singularidade e a exclusividade do resultado final. Na mesa redonda, que estivo moderada polo director da Casa de Galicia en Madrid, Luis E. Ramos, participaron tamén a comisaria e consultora de artesanía contemporánea Macarena Navarro-Reverter, e a ceramista Ana Tenorio, gañadora do Premio Artesanía de Galicia 2018. O evento enmárcase no programa de actividades da mostra fotográfica ‘Artesanía no Prato que se pode visitar na sede da Casa de Galicia en Madrid ata o 30 de outubro.
A Xunta anima en Edugal ás novas xeracións a emprender no eido musical ou na artesanía
O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, presentou o proxecto ‘O camiño do emprendemento musical’ na xornada de clausura do 14º Salón da Educación e Formación de Galicia, que arrancou o mércores en Pontevedra. No posto fixo da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración no que se informou sobre inserción laboral ou emprendemento organizáronse ademais diferentes obradoiros de cerámica e estampaxe para alentar novas vocacións artesás. Ademais, Pablo Fernández participou na entrega de premios da 4ª edición dos ecommerce days, que se celebrou no Pazo da Cultura de Pontevedra e que son o broche final destas xornadas centradas no comercio electrónico e no márketing dixital.