Novas
A Xunta analiza coa Federación Galega de Xoiería medidas para promover o comercio local e a remuda xeracional neste sector
O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, acompañado polo director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, abordou hoxe nunha xuntanza con representantes da Federación Galega de Xoiería medidas para promover o comercio local e a remuda xeracional neste sector.
A Xunta aposta pola transmisión do oficio artesanal da sombreirería para garantir a remuda xeracional
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, e a xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, asistiron hoxe en Santiago ao curso completo de sombreirería artesanal que imparte o artesán Félix de Martín ata o mes de xuño. Enmárcase no programa Aprender da tradición. Oficios e técnicas, un proxecto pioneiro destinado á mellora continua dos profesionais artesáns e á captación de novos talentos para contribuír á remuda xeracional nos oficios artesanais tradicionais.
Aitor Martínez, Julia de la Cal e Santiago Besteiro competirán polo Premio Artesanía de Galicia 2024
O director xeral de Comercio e Consumo presidiu a reunión do xurado destes galardóns que buscan estimular a creatividade dos artesáns galegos, recoñecer a súa traxectoria e incentivalos a mellorar con especial atención ás novas xeracións. O galardón está dotado con 9.000 euros e darase a coñecer nun acto público que se celebrará no mes de decembro, xunto cos gañadores das outras dúas categorías, o Premio Traxectoria e as tres Bolsas Eloy Gesto.
A Xunta destaca a Elena Ferro como un referente na actualización dos oficios artesanais tradicionais
A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, participou hoxe na xornada Elena Ferro: creatividade na pel, dentro do ciclo De pioneiras e andainas, organizado polo Consello da Cultura Galega. No evento participaron tamén outras profesionais de Artesanía de Galicia como Mónica Cao, Julia Marín e Mercedes Veites.
Dous artesáns galegos optan como finalistas aos XVII Premios Nacionais de Artesanía 2024
O torneiro de Tomiño, Aitor Martínez, recentemente galardoado co Premio Talento Joven do Círculo Fortuny, opta ao Premio Produto pola súa colección “Códigos del alma”. O ebanista Fran Millán, de Frouma Atlantic Wood, en Ribeira, e gañador do Premio Artesanía de Galicia 2023, é candidato ao Premio Emprendemento polo seu traballo de creación de mobles con madeira de batea recuperada. Na edición deste ano participaron 80 candidaturas das que o xurado seleccionou 15 finalistas, tres para cada categoría de premios que son, Nacional de Artesanía, Produto, Emprendemento, Promociona Entidades Públicas e Promociona Entidades Privadas.